sábado, 28 de mayo de 2016

Volves a ser un cativo como aqueles anos, cando aínda soías aferrarte a esperanza de non perderte, non lle perder. Os anos van pasando pola túa pel e ves como efectivamente vas crecendo dende dentro, coas experiencias que a vida che aporta e forma. Pero imos acougar un pouco. 
Referímonos a vida. Aos soños que che brindaron e continuas recordando. Mil anos han de pasar para poder ter unha vida como era. Agora, ou non, vida e cativo sepáranse para desembocar nunha estúpida situación na que nárrase a túa historia de un neno que deixou de ser neno, que comezou a sentir, a falar, a andar e sobre todo, a "vivir". Unha persoa que deuselle unha oportunidade, incluso duas, pero que precisa de continuar divagando. 
Remítome logo as circunstancias que aconteceron, acontecen e acontecerán. A vida xa pasou por ti. Pasou. Co seu nacemento, coa sua historia, co seu drama, co seu amor e coa sua morte. Morte que lamentas e, quen sabe, lamentarás.