Diario de Xulio Gómez Gónzalez.                                 Flavio
Junio Granja
Primeira escena.. Móstrase a escena de un neno sentado no escritorio da sua habitación de cor granate. Está tranquilo
escribindo nunha libreta cunha funda negra e cun candado. Escribe a data.. 
2 de outubro de 2012  
E segue escribindo.. 
(Voz en OFF) 
 - Vaia, eu escribindo nun diario, cada día
sorpréndome máis do que fago. 
O caso, a miña
psicóloga recomendoume facerme cun diario para min mesmo, dí que é bó e podo
desafogarme a vontade nel.
Sei
perfectamente que o fai porque os meus pais nunca teñen tempo para min, máis a iso
estou perfectamente acostumado, teño meu primo, que paso todo o rato con el. 
Voume
presentarme tamén un pouco, aínda que creo que isto é unha parvada, en fin… Chámome
Xulio, teño 12 años e fago 1º de eso no instituto da miña cidade. 
Vivo nunha casa
moi grande, sempre estou con meu primo, e encántame xogar e compartir os ratos
con él, aínda que el é 4 anos máis vello. A el tampouco lle gusta os seus pais.
Sempre estamos a xogar a xogos de pistolas, boxeo na play e pasámolo xenial. De
vez en cando vemos algunha peli de medo, cheas de sangue por tódolos sitios e
están moi ben. Encántame ese tipo de pelis e véxoas desde moi cativo co meu
primo. 
Como xa dixen,
non me gustan nada meus pais, os odio, e sempre pasan de min e andan a
traballar e nunca teñen tempo para min, máis eu xa estou acostumado.  
Estou no
psicólogo porque fai cousa dunhas dúas semanas, fun co meu primo a casa do lado
e collemos o can dos veciños e comezamos a pegarlle patadas, máis os meus
veciños vírono, e llo contaron aos meus pais. Eu, ao fin e ao cabo, non o vexo
tan estraño, pero a meus pais pareceulles mal [como non] e así cheguei a ese
lugar tan desagradable. Eu non quería ir [e sigo sen querer] e reclameille aos
meus pais, xa que eles non tiñan ningún poder sobre min, e aínda que o tivesen,
non teñen de que reclamar, xa que vou perfecto nos estudos, non sei que teñen
que dicir, máis en fin… os adultos todos iguais. 
En fin, e por
hoxe creo que xa escribín de máis, e xa vai sendo hora que vaia cear que teño unha
fame negra.
Segunda
escena.. Xulio tirado sobre a cama nunha tarde calurosa. Escribe
primeiro a data (5 de outubro de 2012), e logo segue escribindo..
      (Voz en OFF)
- Boas de
novo, patético diario. Hoxe ando con un pouco de malas pulgas, xa que teño un profesor
que tenme manía que eu tampouco e que o ature moito. Hoxe, sen querer fallei
nunha pregunta que me fixo, e comezou a rir de min facendo que tamén os meus
compañeiros riran. Morrín de vergonza.
Falei disto co
meu primo e él cree que isto non debería deixalo pasar, que temos que facer
algo para que isto non volva ocorrer. Máis eu non sei que poderiamos facerlle,
e aínda que quixera, quizá o profesor di algo despois e logo a cargo ben
cargada.      
Tamén tiven
problemas cun grupo de compañeiros de clase. Tras a clase, un deles veu xunto a
min e seguiu mofándose de min e os demais riron con el, e iso fíxome sentirme
moi mal. De todas formas, xa sei que facerlle para que non volva facerme nada
parecido, hoxe pola tarde vereino no parque, xa verá. Despois irei a ver a miña
psicóloga, creo que a teño un pouco desconcertada.
Terceira
escena.. Xulio nesta ocasión encontrase no seu sofá de casa, moi
luxoso. Xa de noite, e alumbrando ao diario con unha lampariña laranxa. Data ( 6
de outubro de 2012)                                                             
                                                                                                                                                                      (Voz en OFF)
- Saúdos de
novo, diario. Ao
final, o fixen. 
Onte no parque,
fomos eu máis meu primo, e vimos ao neno. En canto vin que subía pola escaleira
do tobogán, fun correndo, e cando estaba de pé preparado para sentarse e
tirarse polo tobogán, empuxeino.  
Ahí o estaba,
tirado no chan sangrándolle o nocello. Non ría tanto de min? Quen ri último, ri
mellor, e eu, dende logo que rin, escarrancheime de rir. 
El vírame polo
parque, e notei o medo que me tiña cando viume, xa que cando el burlouse de min,
eu mireille con tanto odio como puiden. Máis, aínda que me vise polo parque e
soubera que o odio que lle tiña era enorme, non me vira empuxándoo, así que non
sabe nada. Cando preguntáronlle quen fora, dixera que fun eu, eu desmentino, e
volveron preguntárlle se me virá empuxándoo, el negou con a cabeza, e fin. Eu
quedo tan pancho e el co nocello torcido e con medo de min.
E co tema do
profesor, encargareime mañá del. Por esta vez, só lle pincharemos as dúas rodas
do coche de atrás, creo que con iso quedarei conforme. 
Hoxe, non fixen
moito, fun a escola pola mañá, e fixen pouco máis. Vin unha peli moi boa que ía
de uns nenos que mataban persoas co meu primo [como non]. A seguir, fixen algo
de deberes e pouco máis, como xogar a play, comer, etc.
Cuarta escena.. Xulio
enfadadado tirado na súa cama, escribindo como se a vida foselle niso. Data (8
de outubro de 2012) 
      (Voz en OFF)
- Moi malas,
diario. 
Pilláronme, e os
pallasos dos meus pais castigáronme. 
Resulta que a
saída, cando fomos pinchala roda, alguén viunos, e chibouse aos profesores e víronnos
en plena faena. Chamáronme a casa e meus “pais” castigáronme. 
Que dereitos
creen que teñen eles para castigarme?! Fastidiáronme o que queda de mes, e
non me deixan saír. Iso creen eles que non vou saír.  Cada día que paso con eles, ódiolles
máis.  E de verdade, o que se me pasa pola
cabeza cada vez que os vexo pode ser que acabe sendo realidade como sigan así,
eles non son ninguén para mandar en min, e como sigan crendo que poden
controlarme como se fose una mascota van bós, porque poden acabar moi moi mal..
Quinta escena..  Xulio encóntrase no baño dende fai horas sen querer sair por
unha discusión co seus pais. Os seus pais non deixan de rosear fora do baño, e
de vez en cando, petar e gritar o nome de Xulio para que saia do baño. Data (10 de
outubro de 2012) 
                                                                              
                                                                                 (Voz
en OFF)
                    - Hoxe, Mércores, fixéronna
boa. 
Acabo de
ter unha discusión con eles, e a cousa empeorou moito. Tanto, que cheguei aos
meus extremos. Decidín desfacerme deles. Definitivamente, só entorpecen miña
vida. Só fan
tocalo carallo, e estou cansado. Falei co meu primo e díxenlle que pasado mañá
vou matalos.
SI!
Mátalos. Total, non é a primeira vez. Xa matei a moitos animais, e a eles lles
teño menos cariño cun par de animais. Así que, Martes, vou facelo. En canto
cheguen de traballar, ceemos e irmos para cama, matareinos. Mentres dormen,
aínda que merecen algo moito peor. Pero en fin, serei considerable xa que ela
tróuxome ao mundo [aínda que tras traerme, deixoume tirado]. Vin nunha película
como mataban a moitas persoas, e creo que o farei polo método mítico, cun
coitelo atravesareilles o corazón de forma que os pulsos non vaian ben, e aínda
que esperten non poidan gritar moito pola falta de osixeno. 
Díxome
meu primo que me acollerá mentres me buscan e todo, sei que sempre o terei aí
para todo, sempre estivo. 
Tras
crecer un pouco máis e deixaren de buscarme, escaparei a outro sitio e fareime
cargo da miña vida polos meus propios métodos, como levo facendo a medias case
dende que nacín.      
Estou preparado, Venres
fareino.
Sexta escena..   11 de
outubro de 2012. Xulio no seu xardín escribindo mentres vai moito vento. Témblalle
as mans, tanto por frio como por nervios.  
(Voz en OFF)
             - Agora éntranme dúbidas. Acabo de vir de
falar con meu primo.           
Díxenlle
que acababan de entrarme dúbidas, porque, gústeme ou non, eles son meus pais, e
                  trouxéronme ao mundo. 
Díxome
que agora que xa tiña todo pensado, non dese volta atrás, que sería unha decepción
moi grande para el se eu agora dera a volta a todo, tras el proporme o de
acollerme. Debo
fácelo, non só porque non quera aos meus pais, se non porque tamén llo debo a
meu primo. 
Mañá é o gran día. 
Vou para dentro, aquí fora vai moito frío.
Séptima escena.. unha habitación moi oscura. Xulio está
no seu escritorio sentado. Escribe con mala letra debido aos nervios do momento…
Escribe a última data para dar entrada a súa ultima publicación no diario. (12 de
outubro de 2012) Só escoitase o lixeiro sonido do lápis ao rascar, e uns
ronquidos de fondo que veñen dalgunha habitación cercana.
                                                                                                                                                               (Voz en OFF)
               - Acaban de marchar para cama... é o momento.
Tras isto, non
volverei escribir neste diario. Terei que encargarme da miña propia
supervivencia. Resulta que non foi tan malo isto de ter diario...
Acabei
desafogándome moito nestas paxinas onde ficará todos os meus pensamentos e o
que me delatará a policía. 
Hoxe tiven
psicóloga. Non falei moito con ela.
Ela preguntaba e
eu contestaba con respostas moi cortas, e iso deixouna un pouco desconcertada
xa que soo falar moito con ela, a maioría, mentiras, pero falaba. Tras deixar a
sala da psicóloga, oín como chamaba e falaba con meus pais que ía a mal o
tratamento, xa que por exemplo hoxe habíame pechado un pouco en banda, que
quizais era só hoxe e que esperasen ao próximo tratamento.
(Minutos de absoluto de silencio)
Xa son as 1:27
da mañá, vai sendo hora de ir.
Teño a miña
mochila xa feita. Hoxe me esperará meu primo as 2:30 a 2 mazás de aquí. 
Se alguén chega
a ler isto nun futuro, pensará que estou delatando ao meu primo. Nada diso, non
fai falta. Só eu vexo ao meu primo.
 



