martes, 19 de junio de 2012

Traballo de Cultural Audiovisual - Guión


Diario de Xulio Gómez Gónzalez.                                 Flavio Junio Granja
Primeira escena.. Móstrase a escena de un neno sentado no escritorio da sua habitación de cor granate. Está tranquilo escribindo nunha libreta cunha funda negra e cun candado. Escribe a data..
2 de outubro de 2012 
E segue escribindo..
(Voz en OFF) 
 - Vaia, eu escribindo nun diario, cada día sorpréndome máis do que fago.
O caso, a miña psicóloga recomendoume facerme cun diario para min mesmo, dí que é bó e podo desafogarme a vontade nel.
Sei perfectamente que o fai porque os meus pais nunca teñen tempo para min, máis a iso estou perfectamente acostumado, teño meu primo, que paso todo o rato con el.
Voume presentarme tamén un pouco, aínda que creo que isto é unha parvada, en fin… Chámome Xulio, teño 12 años e fago 1º de eso no instituto da miña cidade.
Vivo nunha casa moi grande, sempre estou con meu primo, e encántame xogar e compartir os ratos con él, aínda que el é 4 anos máis vello. A el tampouco lle gusta os seus pais. Sempre estamos a xogar a xogos de pistolas, boxeo na play e pasámolo xenial. De vez en cando vemos algunha peli de medo, cheas de sangue por tódolos sitios e están moi ben. Encántame ese tipo de pelis e véxoas desde moi cativo co meu primo.
Como xa dixen, non me gustan nada meus pais, os odio, e sempre pasan de min e andan a traballar e nunca teñen tempo para min, máis eu xa estou acostumado. 
Estou no psicólogo porque fai cousa dunhas dúas semanas, fun co meu primo a casa do lado e collemos o can dos veciños e comezamos a pegarlle patadas, máis os meus veciños vírono, e llo contaron aos meus pais. Eu, ao fin e ao cabo, non o vexo tan estraño, pero a meus pais pareceulles mal [como non] e así cheguei a ese lugar tan desagradable. Eu non quería ir [e sigo sen querer] e reclameille aos meus pais, xa que eles non tiñan ningún poder sobre min, e aínda que o tivesen, non teñen de que reclamar, xa que vou perfecto nos estudos, non sei que teñen que dicir, máis en fin… os adultos todos iguais.
En fin, e por hoxe creo que xa escribín de máis, e xa vai sendo hora que vaia cear que teño unha fame negra.
Segunda escena.. Xulio tirado sobre a cama nunha tarde calurosa. Escribe primeiro a data (5 de outubro de 2012), e logo segue escribindo..
      (Voz en OFF)
- Boas de novo, patético diario. Hoxe ando con un pouco de malas pulgas, xa que teño un profesor que tenme manía que eu tampouco e que o ature moito. Hoxe, sen querer fallei nunha pregunta que me fixo, e comezou a rir de min facendo que tamén os meus compañeiros riran. Morrín de vergonza.
Falei disto co meu primo e él cree que isto non debería deixalo pasar, que temos que facer algo para que isto non volva ocorrer. Máis eu non sei que poderiamos facerlle, e aínda que quixera, quizá o profesor di algo despois e logo a cargo ben cargada.      
Tamén tiven problemas cun grupo de compañeiros de clase. Tras a clase, un deles veu xunto a min e seguiu mofándose de min e os demais riron con el, e iso fíxome sentirme moi mal. De todas formas, xa sei que facerlle para que non volva facerme nada parecido, hoxe pola tarde vereino no parque, xa verá. Despois irei a ver a miña psicóloga, creo que a teño un pouco desconcertada.
Terceira escena.. Xulio nesta ocasión encontrase no seu sofá de casa, moi luxoso. Xa de noite, e alumbrando ao diario con unha lampariña laranxa. Data ( 6 de outubro de 2012)                                                             
                                                                                                                                                                      (Voz en OFF)
- Saúdos de novo, diario. Ao final, o fixen.
Onte no parque, fomos eu máis meu primo, e vimos ao neno. En canto vin que subía pola escaleira do tobogán, fun correndo, e cando estaba de pé preparado para sentarse e tirarse polo tobogán, empuxeino.  
Ahí o estaba, tirado no chan sangrándolle o nocello. Non ría tanto de min? Quen ri último, ri mellor, e eu, dende logo que rin, escarrancheime de rir.
El vírame polo parque, e notei o medo que me tiña cando viume, xa que cando el burlouse de min, eu mireille con tanto odio como puiden. Máis, aínda que me vise polo parque e soubera que o odio que lle tiña era enorme, non me vira empuxándoo, así que non sabe nada. Cando preguntáronlle quen fora, dixera que fun eu, eu desmentino, e volveron preguntárlle se me virá empuxándoo, el negou con a cabeza, e fin. Eu quedo tan pancho e el co nocello torcido e con medo de min.
E co tema do profesor, encargareime mañá del. Por esta vez, só lle pincharemos as dúas rodas do coche de atrás, creo que con iso quedarei conforme.
Hoxe, non fixen moito, fun a escola pola mañá, e fixen pouco máis. Vin unha peli moi boa que ía de uns nenos que mataban persoas co meu primo [como non]. A seguir, fixen algo de deberes e pouco máis, como xogar a play, comer, etc.
Cuarta escena.. Xulio enfadadado tirado na súa cama, escribindo como se a vida foselle niso. Data (8 de outubro de 2012) 
      (Voz en OFF)
- Moi malas, diario.
Pilláronme, e os pallasos dos meus pais castigáronme.
Resulta que a saída, cando fomos pinchala roda, alguén viunos, e chibouse aos profesores e víronnos en plena faena. Chamáronme a casa e meus “pais” castigáronme.
Que dereitos creen que teñen eles para castigarme?! Fastidiáronme o que queda de mes, e non me deixan saír. Iso creen eles que non vou saír.  Cada día que paso con eles, ódiolles máis.  E de verdade, o que se me pasa pola cabeza cada vez que os vexo pode ser que acabe sendo realidade como sigan así, eles non son ninguén para mandar en min, e como sigan crendo que poden controlarme como se fose una mascota van bós, porque poden acabar moi moi mal..
Quinta escena..  Xulio encóntrase no baño dende fai horas sen querer sair por unha discusión co seus pais. Os seus pais non deixan de rosear fora do baño, e de vez en cando, petar e gritar o nome de Xulio para que saia do baño. Data (10 de outubro de 2012) 
                                                                                                                                                                (Voz en OFF)
                    - Hoxe, Mércores, fixéronna boa.
Acabo de ter unha discusión con eles, e a cousa empeorou moito. Tanto, que cheguei aos meus extremos. Decidín desfacerme deles. Definitivamente, só entorpecen miña vida. Só fan tocalo carallo, e estou cansado. Falei co meu primo e díxenlle que pasado mañá vou matalos.
SI! Mátalos. Total, non é a primeira vez. Xa matei a moitos animais, e a eles lles teño menos cariño cun par de animais. Así que, Martes, vou facelo. En canto cheguen de traballar, ceemos e irmos para cama, matareinos. Mentres dormen, aínda que merecen algo moito peor. Pero en fin, serei considerable xa que ela tróuxome ao mundo [aínda que tras traerme, deixoume tirado]. Vin nunha película como mataban a moitas persoas, e creo que o farei polo método mítico, cun coitelo atravesareilles o corazón de forma que os pulsos non vaian ben, e aínda que esperten non poidan gritar moito pola falta de osixeno.
Díxome meu primo que me acollerá mentres me buscan e todo, sei que sempre o terei aí para todo, sempre estivo.
Tras crecer un pouco máis e deixaren de buscarme, escaparei a outro sitio e fareime cargo da miña vida polos meus propios métodos, como levo facendo a medias case dende que nacín.      
Estou preparado, Venres fareino.
Sexta escena..   11 de outubro de 2012. Xulio no seu xardín escribindo mentres vai moito vento. Témblalle as mans, tanto por frio como por nervios.  

(Voz en OFF)
             - Agora éntranme dúbidas. Acabo de vir de falar con meu primo.          
Díxenlle que acababan de entrarme dúbidas, porque, gústeme ou non, eles son meus pais, e                   trouxéronme ao mundo.
Díxome que agora que xa tiña todo pensado, non dese volta atrás, que sería unha decepción moi grande para el se eu agora dera a volta a todo, tras el proporme o de acollerme. Debo fácelo, non só porque non quera aos meus pais, se non porque tamén llo debo a meu primo.
Mañá é o gran día. 
Vou para dentro, aquí fora vai moito frío.
Séptima escena.. unha habitación moi oscura. Xulio está no seu escritorio sentado. Escribe con mala letra debido aos nervios do momento… Escribe a última data para dar entrada a súa ultima publicación no diario. (12 de outubro de 2012) Só escoitase o lixeiro sonido do lápis ao rascar, e uns ronquidos de fondo que veñen dalgunha habitación cercana.
                                                                                                                                                               (Voz en OFF)

               - Acaban de marchar para cama... é o momento.
Tras isto, non volverei escribir neste diario. Terei que encargarme da miña propia supervivencia. Resulta que non foi tan malo isto de ter diario...
Acabei desafogándome moito nestas paxinas onde ficará todos os meus pensamentos e o que me delatará a policía.
Hoxe tiven psicóloga. Non falei moito con ela.
Ela preguntaba e eu contestaba con respostas moi cortas, e iso deixouna un pouco desconcertada xa que soo falar moito con ela, a maioría, mentiras, pero falaba. Tras deixar a sala da psicóloga, oín como chamaba e falaba con meus pais que ía a mal o tratamento, xa que por exemplo hoxe habíame pechado un pouco en banda, que quizais era só hoxe e que esperasen ao próximo tratamento.
(Minutos de absoluto de silencio)
Xa son as 1:27 da mañá, vai sendo hora de ir.
Teño a miña mochila xa feita. Hoxe me esperará meu primo as 2:30 a 2 mazás de aquí.
Se alguén chega a ler isto nun futuro, pensará que estou delatando ao meu primo. Nada diso, non fai falta. Só eu vexo ao meu primo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario